Rexistro de Cartografía de Galicia

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do for­mulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os procedementos de inscrición e modificación no Rexistro de Cartografía de Galicia están regulados polo establecido na Sección 2ª (artigos do 23 ao 35) do Decreto 14/2017 (DOG Núm 33 do 16 de febreiro de 2017).Tal e como se recolle no propio Decreto:

A solicitude de inscrición deberá presentarse conforme ao modelo recolleito no anexo I e seguintes do DOG sinalado arriba, xunto coa documentación correspondente, e dirixirase ao Instituto de Estudos do Territorio.